Saturday 18 de May de 2024

Ouro para Ainhoa Ramos Manteiga no Campionato de España de Clubs 2015


A taekwondista local Ainhoa Ramos Manteiga ven de acadar un novo logro que engadir ó seu palmarés. Esta fin de semana encoabezou o podio do Campionato de España de Clubs 2015, na categoria junior 68, celebrado en Benicassim. Un ouro máis que engadir a unha gran tempada na que Ainhoa Ramos se proclamou campioa nacional na categoría junior. Unha morea de vitorias que levaron a Ainhoa Ramos a consagrarse como unha das grandes promesas do taekwondo tanto a nivel galego como nacional.